Este artigo é un breve percorrido pola narrativa de Carlos Casares co obxecto de salientar os atrancos que el foi atopando até chegar ao seu estilo transparente, á súa voz clara, centrada na suxestión e nunha teimuda paixón pola oralidade, aspecto crucial na súa literatura, ateigada dunha importante atmosfera coloquial. Dende os primeiros relatos de Vento ferido até a novela póstuma O sol do verán, analizamos o papel fundamental que o autor desenvolve no xogo galego, virando en verdadeira alternativa para acadar a universalidade da nosa literatura, sempre dende o noso, vestindo o pracer do realismo coas técnicas máis anovadoras do século XX, e trasladando así toda a frescura e espontaneidade da narración oral ao relato máis culto.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados