Vigo, España
A existencia de propiedade comunitaria é posiblemente a característica máis singular do réxime de propiedade dos montes de Galicia e de Portugal. As Comunidades de Montes Veciñais en Man Común e os Baldios xestionan amplas áreas de monte compartindo características e similitudes, tanto no relativo á súa evolución histórica como no que se refire ás problemáticas sociais, económicas e ambientais que padecen.O presente traballo realiza, a partir de diferentes metodoloxías entre as que destacan as vinculadas coa investigación participativa, unha comparativa entre estas dúas figuras de xestión colectiva do monte, caracterizándoas, debullando o marco normativo baixo o que se regulan e realizando unha aproximación inicial ao contexto produtivo no que se atopan, ás actuais ameazas coas que contan e ás oportunidades existentes a partir de novas lóxicas vinculadas coa sustentabilidade. O traballo mostra como están comezando a aparecer novos ámbitos de manexo vinculados coa multifuncionalidade nos dous espazos xeográficos.
The existence of community property is possibly the most unique feature of the property regime of Galician and Portuguese forest: the Comunidades de Montes Veciñais en Man Común and the Baldios. Both manage vast areas of forests and share characteristics and similarities, in relation to their historical evolution and also in regard to the social, economic and environmental problems they suffer. The present work is based on different methodologies, underlining the participatory research, and carries out a comparison between these two institutions of collective management of the forest. In this research we characterize them, analyse the regulatory framework and do an initial approach to the productive context in which they are. Finally, the paper goes into detail about the current threats and the new opportunities for sustainability management. The paper shows how new management areas linked to multifunctionality are beginning to emerge in both geographic spaces.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados