Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Rir da morte: unha aproximación ao humor ao final da vida

  • Autores: S. Maceda García, David Suárez Alonso
  • Localización: Anuario Psicoloxía e Saúde: Revista Oficial da Sección de Psicoloxía e Saúde do COPG, ISSN-e 2444-6653, Nº. 11, 2018 (Ejemplar dedicado a: O humor), págs. 33-40
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Os efectos positivos da risa e o humor nas persoas están amplamente demostrados e o uso do humor en psicoterapia ben aceptado polas principais correntes psicolóxicas. A priori, podería parecer que humor e morte son dous conceptos distantes e mesmo que sería de mal gusto xuntalos polo sufrimento que adoita acompañar as situacións de final de vida. Con todo, o humor e a morte aparecen con frecuencia ligados nas producións cinematográficas, a literatura ou o teatro e os estudos demostran que o seu uso no acompañamento a pacientes que están ao final da vida pode resultar moi beneficioso. O humor parece actuar como mecanismo de defensa para enfrontarse á dor da perda do que se serve tanto a sociedade no seu conxunto como os individuos que se enfrontan a ela en primeira persoa. Neste ámbito, o uso do humor ten os seus riscos e é importante saber detectar cando usalo e cando non.

    • English

      The positive effects of laughter and humor in people are widely demonstrated and the use of humor in psychotherapy well accepted by the main psychological currents. At first, it might seem that humor and death are two distant concepts. However, humor and death are often linked in films, literature or theatre and studies show that its use in accompanying patients in end-of-life care can be helpful. Humor seems to act as a defence mechanism to deal with the pain of loss by the whole society as well as by individuals who confront death in first person.

      In this area, the use of humor has risks and it’s important to identify when should be used.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno