Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de No centenario de creación do Instituto-Escola: Realizacións educativas dos institucionistas

Anxo Serafín Porto Ucha, Raquel Vázquez Ramil

  • En 1876 creábase en Madrid a Institución Libre de Enseñanza(ILE). Pero a ILE non foi soamente unha experiencia educativa creada en Madrid, que mantivo viva a súa actividade renovadora e innovadora durante 60 anos (1876-1936). Foron tamén Institución outros centros que puxeron en práctica as ideas pedagóxicas de Francisco Giner de los Ríos e dos seus máis inmediatos colaboradores.

    O obxectivo do presente traballo é diferenciar e analizar sucintamente algunhas das realizacións educativas creadas por influencia da ILE, entre elas e en especial o Instituto-Escola, do que este ano se celebra o centenario da súa creación (1918). Hai igualmente no presente traballo un esforzo de análise da vinculación de Galicia con eses proxectos renovadores.

    A nivel documental, a fonte primaria principal foi o Fondo Giner de los Ríos, depositado na Real Academia da Historia, o Boletín de la Institución Libre de Enseñanza (BILE), as Memorias da Junta para Ampliación de Estudios e Investigaciones Científicas (JAE) e documentación dos Arquivos da Residencia de Estudiantes e da Residencia de Señoritas, entre outras fontes primarias (AHUS, Fundación Penzol, Misión Biolóxica, etc.) e secundarias produto das nosas esculcas de investigación sobre esta temática.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus