Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O proceso de depuración do maxisterio na provincia da Coruña

Narciso de Gabriel Fernández

  • galego

    Neste artigo ofrécese unha visión panorámica da depuración sufrida polo maxisterio público da provincia da Coruña entre 1936 e 1942, que conduciu á sanción dunha boa parte dos seus efectivos. Examínase primeiro a represión practicada polas autoridades militares e académicas, concentrada nos meses de agosto e setembro de 1936, e despois a realizada polo aparato especificamente depurador entre 1937 e 1942; diferénciase o alcance que tivo este proceso para mestras e mestres; descríbese a xeografía da represión, tomando o concello como unidade de análise; e revísanse os expedientes de depuración de Xosé Toba Fernández e de Palmira González López. As principais fontes utilizadas foron o Boletín Oficial do Estado e o Boletín Oficial da Provincia da Coruña, que permitiron cuantificar o proceso, e os expedientes de depuración, que resultan fundamentais para apreciar a súa dinámica e significado.

  • English

    This article offers an overview of the purge of public schoolteachers in the province of A Coruña from 1936 to 1942, which led to sanctions being imposed on a large part of these teachers. The article focuses first on the repression carried out by the military and academic authorities, concentrated in the months of August and September of 1936. It goes on to examine the repression conducted by the purge apparatus between 1937 and 1942, differentiating the repercussions of this process on male and female schoolteachers.

    The geography of the repression is also described, using the municipality as the unit of analysis. The procedures against Xosé Toba Fernández and de Palmira González López during the purge are reviewed. The main sources used were the Official Gazette of the Central Government and the Official Gazette of the Province of A Coruña, which allowed us to quantify the process and the procedures -essential to gaining insight into the dynamics and meaning of the purge


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus