Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Novas achegas ao debate gramatical na Academia Galega na década de 60 da anterior centuria

    1. [1] Universidade da Coruña

      Universidade da Coruña

      A Coruña, España

  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. 10, 2018, págs. 55-72
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Após unhas consideracións previas sobre a noción tradicional de gramática e o valor simbólico da gramática normativa, no presente traballo relátase a historia interna do fracasado proxecto de a Academia Galega elaborar unha gramática oficial da entidade nos inicios do mandato de Sebastián Martínez-Risco como presidente na década de 60 do século pasado á luz da nova documentación coñecida, tanto édita como inédita; préstase especial atención ás dificultades con que se encontrou a Comisión de gramática encargada de levar a cabo o traballo e ao informe presentado por Ramón Piñeiro, que supuxo a paralización do proxecto. A seguir, faise tamén o relato interno dos procesos de elaboración das dúas gramáticas galegas publicadas nesa década, a de Ricardo Carvalho Calero e a de Leandro Carré Alvarellos, a primeira con toda a axuda solidaria do grupo de Galaxia que dominaba a Academia e a segunda co labor solitario dun autor que non contaba con apoios relevantes para as súas propostas lingüísticas na entidade. Por último, dáse conta dunha síntese gramatical que en finais da década fora encargada pola Xunta de Goberno da Academia e que ficou inédita, determínase a súa autoría e datación, descríbese o seu contido e finalmente realízase unha análise valorativa dela.

    • English

      The article begins with a critical introductory review of traditional ideas about grammar and the symbolic importance of a grammatical standard, before focusing on the abortive attempt by the Real Academia Galega (RAG) in the 1960s to create an official grammar of the Galician language. Using a range of contemporary sources, many of them unpublished until now, the paper offers new insight into the process instigated by Sebastián Martínez-Risco during the early years of his presidency of the RAG, including the challenges and difficulties faced by the grammar committee and the report by Ramón Piñeiro that led to the project’s suspension. The article also explores the successful completion of two other grammar projects during the same period, by Ricardo Carvalho Calero and Leandro Carré Alvarellos, respectively: the first, with the institutional endorsement and support of the influential Galaxia pub- lishing group; the second, as a solitary endeavour by the author, without any official backing or recognition. The paper concludes with a review of the date, authorship and contents of the never-published Short Grammar of the Galician Language, commissioned by the RAG at the end of the 1960s, offering a critical appraisal of the quality and importance of the work as a wh


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno