Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Muller, ciencia e tecnoloxía no IES de Brión

  • Autores: Luz Ramos López, Xabier Lorenzo Abalde
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 75, 2018
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este artigo recolle o traballo desenvolvido no IES de Brión ao abeiro do programa Rapazas emprendedoras nas TIC do Plan Proxecta no curso 2016/17. A detección dunha importante fenda dixital de xénero levou a profesorado dos departamentos de Tecnoloxía, Debuxo, Física e Química e Bioloxía a desenvolver accións orientadas a visibilizar o papel da muller no contexto STEAM e ao empoderamento das alumnas a través das TIC. Entre outras accións, recolle o traballo realizado a partir da convocatoria Wisibilízalas da Universidade Pompeu Fabra para a creación dunha páxina web que describise a carreira de mulleres españolas contemporáneas que traballen no ámbito das TIC e na que o noso alumnado conseguiu o terceiro premio cunha páxina web elaborada en html. Estas actuacións foron descritas como parte da memoria presentada aos Premios Proxecta de Innovación Educativa 2017 nos que o traballo do centro foi recoñecido cun accésit.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno