Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O modelo pedagóxico “aprendizaxe-servizo” no ámbito da educación física e do deporte

  • Autores: José Raposeiras Correa
  • Localización: Eduga: revista galega do ensino, ISSN-e 2171-6595, Nº. 75, 2018
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O artigo que se presenta a continuación fai alusión a unha serie de reflexións teóricas sobre a metodoloxía de aprendizaxe-servizo (en diante ApS) relacionada coa finalidade principal da materia de Educación Física e a súa pedagoxía activa dentro do ensino regrado: a competencia motriz, con todo o que leva implícito para o seu correcto desenvolvemento dado que, para falar dunha educación física e deportiva de calidade, debemos transcender do simplemente motriz para auspiciar outros ámbitos como a saúde e os procesos cognitivos, emocionais, persoais e sobre todo os sociais (valores que se poden aplicar noutras áreas curriculares ou en actividades da cidadanía en xeral e para a convivencia). Con esta publicación preténdese que o alumnado das distintas etapas do sistema educativo conte con ideas innovadoras/orixinais e fundamentos básicos para levar a cabo programas de ApS. A súa finalidade principal consiste en poder seguir aprendendo e ser útiles ao mesmo tempo á comunidade na que viven, dentro desta nova era na que entran de cheo as competencias dixitais. En definitiva, trátase de aplicar as competencias globais e os coñecementos teórico-prácticos —adquiridos dentro dos contextos educativos— a outros colectivos sociais fóra da escola pero xa en situacións de acción e de aplicación práctica, para aprender uns dos outros, das experiencias e do aproveitamento dos recursos da formación académica inicial, en combinación e con retroalimentación bidireccional nun modelo ecolóxico de aprendizaxe interaccional.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno