Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Club de lectura de cultura xitana: Visibilizando a minoría xitana e sensibilizando a maioría. Ás veces o que non digo é tan importante coma o que digo.

Xulia Regueiro Sande

  • Cando cheguei ao centro, vin que había alumnado xitano. Coloquei a bandeira xitana na aula de Pedagoxía Terapéutica e, cando entraban e a recoñecían, só iso, parecían sentir que podían falar sen ocultar que eran xitanos, dicilo, escoitar e ler a palabra xitana/o na aula; xa é un paso adiante porque do que non se fala non existe e xorde o autoodio, a necesidade de agocharse. Unha nena díxome: «Profe, eu non quero ser xitana!». Non están interesados nos temas dos seus libros de texto, nada falan deles, entón sentín a necesidade de propoñer a creación do club de lectura Cultura Xitana. Nun principio foi a maneira de introducir temas de cultura xitana no currículo, na miña aula...


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus