Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Teoría financiera e crise: unha revisión da racionalidade do individuo dende a teoría do comportamento

José Antonio Redondo López, Loreto Fernández Fernández

  • español

    Analizamos la cuestión relativa a los fallos del mercado y de los mecanismos de regulación en la crisis financiera iniciada en septiembre de 2007, teniendo en cuenta el origen de las crisis financieras, la crisis de la teoría financiera y la teoría del comportamiento. Concluimos que la experiencia de las últimas décadas nos ha demostrado que la regulación y la supervisión siempre se mueven un paso por detrás de la capacidad innovadora de los mercados financieros. Los reguladores y los supervisores no han sabido afrontar los nuevos retos, evidenciando su incapacidad y desconocimiento ante los nuevos instrumentos financieros, verdaderos detonantes de la crisis. Precisamos nuevas teorías que nos ayuden a comprender los errores pasados y que nos proporcionen un entorno estable que nos permita construir un futuro mejor.

  • galego

    Estamos perante unha crise que estoupa nun marco globalizado a nivel de operadoreseconómicos, con regulacións moi permisivas e relaxación por parte dos supervisores dosistema. Pero, ademais, e ao contrario que con outras crises, o risco sistémico, o risco decontaxio, tivo consecuencias demoledoras sobre as economías. A cuestión é se fallou omercado ou os mecanismos de regulación. Resulta claro que os mercados fracasaron, pero,indubidablemente, alimentados por políticas regulatorias que, en nome da “sacrosanta”liberdade de mercado, permitiron actuar impunemente aos operadores. E non podemosesquecer o fracaso de modelos teóricos que, alimentados por hipóteses non contrastadas eunha capacidade de cálculo quasi-ilimitada, pretenderon dominar a irracionalidade dosmercados. Os erros do pasado non nos poden desalentar na procura dun sistemafinanceiro estable. Cómpre mirar cara adiante e tentar mellorar os sistemas de regulacióndos mercados financeiros, evitando así crises de gran virulencia como a que vimossoportando ao longo da última década. Debemos afastarnos das visións catastrofistas que,sen achegar nada, procuran o aniquilamento dun sistema financeiro, non perfecto, peroesencial para manter os logros acadados ao longo das últimas décadas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus