Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Aprendizaxe baseada en problemas en Xenética Molecular

Antón Vila-Sanjurjo, María Luisa Martínez Martínez, Ana Insua

  • A aprendizaxe baseada en problemas (ABP) trátase dunha metodoloxía na que os alumnos, guiados polo profesor, deben resolver un problema. No proceso, os alumnos constrúen e aplican coñecementos en lugar de ser meros receptores. Neste traballo, propoñemos aplicar ABP na materia Xenética Molecular do Grao en Bioloxía e do Programa de Simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química, impartidos na Facultade de Ciencias da UDC. O obxectivo é espertar un maior interese pola Bioinformática, unha parte da materia considerada a miúdo ardua e tediosa. Tamén pretendemos incrementar a orientación da materia cara á práctica profesional. A actividade que se propón consta de tarefas prácticas estruturadas, idénticas ás que se realizan nun laboratorio típico de Xenética Molecular. Así, o problema a resolver enfronta aos alumnos a unha situación real que implica non só aplicar coñecementos senón tamén tomar decisións. Para resolver o problema, os alumnos recibirán unha explicación previa do profesor e disporán de orientación mediante titorías e un foro en Moodle.

    A actividade desenvolverase en grupos de 4-5 alumnos. A aprendizaxe avaliarase en base á exposición oral apoiada nunha presentación Power Point que realice un membro do grupo elixido polo profesor e aos comentarios críticos que realicen os demais membros do grupo.

    Para organizar as titorías de avaliación, usarase a ferramenta Doodle. A actividade de ABP que se presenta contribuirá a desenvolver competencias recollidas na guía docente da materia e debería axudar aos alumnos a ver a relevancia do traballo realizado en Xenética Molecular.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus