Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A promoción do deporte inclusivo como experiencia de Aprendizaxe- Servizo en Terapia Ocupacional

Thais Pousada

  • Os/as alumnos/as de 3º do Grao en Terapia Ocupacional (cursos 2015/2016 e 2016/2017), participaron en actividades para a promoción do deporte inclusivo, baixo a temática de “solidariedade e cooperación” (concienciación, difusión e intervención cívica). A iniciativa parte da entidade Fundación Abrente, no Club Deportivo Inclusivo ENKI.

    Obxectivos do servizo:

    * Transformar a actitude dos xoves e poboación xeral ante a discapacidade.

    * Dar difusión e fomentar a práctica de deportes adaptados, de xeito inclusivo.

    * Fomentar a consciencia ante a diversidade funcional.

    * Recoñecer os logros e as dificultades superables.

    Metodoloxía: Propuxéronse tres tipos de actividades: escolas deportivas inclusivas, sensibilización sobre deporte adaptado en centros educativos, e sesións de adestramento para deportistas con diversidade.

    Os principais actores foron: estudantes de TO (n= 85), deportistas (3) e representantes do Club ENKI (3). Os destinatarios do servizo foron persoas con diversidade funcional, nenos/as e profesores de centros educativos de primaria e secundaria (1523 participantes en 21 centros).

    Resultados: Con esta experiencia pretendeuse que os estudantes se achegasen á realidade, desde a perspectiva da TO, aplicando unha observación consciente, reflexiva e práctica, complementado coa adquisición de competencias profesionais.

    A satisfacción de todas as partes demóstrase coas súas testemuñas, participación activa, e repercusións nas redes.

    Conclusións: Destácanse os beneficios para estudantes de TO (no tanto que se facilita a integración da teoría na práctica e adquisición de competencias profesionais), e para os destinatarios, xa que se consegue unha auténtica proposta de sensibilización, promovendo a inclusión e igualdade de oportunidades para todos/as, neste caso, a través do deporte.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus