Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Corpus de textos de estudantes galegos (CORTEGAL): aspectos metodolóxicos

  • Autores: María Álvarez de la Granja
  • Localización: Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018 / Marta Díaz Ferro (ed. lit.), Gael Vaamonde (ed. lit.), Ana Varela Suárez (ed. lit.), María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.), José María García-Miguel Gallego (ed. lit.), Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.), 2018, ISBN 978-84-8158-786-9, págs. 55-62
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O Corpus de textos de estudantes galegos (CORTEGAL) é un corpus en período inicial de construción desenvolvido no Instituto da Lingua Galega da Universidade de Santiago de Compostela. Na primeira fase, este corpus estará conformado por 1000 redaccións elaboradas por estudantes de segundo de Bacharelato de Galicia no marco do exame de Lingua e Literatura Galegas da proba de Avaliación do Bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU). O obxectivo principal de CORTEGAL é o de contribuír ao coñecemento das principais dificultades que ten o alumnado no momento de elaborar un texto escrito na variedade estándar do galego. Por tal motivo, as formas e secuencias non estándares que figuran nos textos do corpus estarán convenientemente identificadas e anotadas para a súa recuperación a través de diferentes vías. Neste traballo presentamos as características dos textos que conformarán o corpus e os criterios de selección da mostra e amosamos as nosas propostas iniciais en relación coa transcrición e anotación dos textos e coas posibilidades que ofrecerá o sistema de buscas do recurso, que será de acceso libre a través de Internet.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno