Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Socialización bilingüe infantil en Galicia: estratexias de cortesía nunha aula de Educación Infantil

Marta Díaz Ferro

  • Esta comunicación segue unha metodoloxía baseada na etnografía interaccional cun corpus feito composto por gravacións de audio e notas tomadas a partir da observación semi-participante nunha aula de Educación Infantil dun colexio público ás aforas da cidade de Vigo, zona maiormente castelán-falante. O conxunto da aula fórmano un total de vinte cinco nenos e nenas, dos cales só dous proveñen de familias bilingües castelán-galego. É un estudo lonxitudinal de dous anos de duración (curso 2015-2016, cando os nenos tiñan 4 anos; curso 2016-2017, cando os nenos tiñan 5 anos) que se centra nas estratexias conversacionais empregadas pola mestra, que ten como código base o galego con alternancias en castelán, nas interaccións cos nenos durante unha das rutinas escolares máis importantes da xornada, coñecida como Tempo de Asemblea. Nesta comunicación en concreto, centrarémonos nas estratexias da mestra de cara ao reforzo das imaxes positiva e negativa destes nenos, tanto deles de forma individual coma do conxunto da clase.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus