Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de De Chandebrito a Nowheresville: léxico e fraseoloxía comparada da distancia remota

Víctor Fresco Barbeito

  • Se queremos expresar algo que está afastado, nas linguas europeas botamos man facilmente de demostrativos, preposicións ou casos que nos permiten situar algo por detrás, alén ou lonxe. Que pasa cando a distancia é moi grande? Pois que cómpre recorrer ó léxico diferenciado ou á fraseoloxía. Os procesos de formación deste léxico específico e da fraseoloxía en galego teñen varios camiños que se poden agrupar en: (1) uso de expresións malsoantes, (2) utilización de conceptos relixiosos (moitas veces en conxunto co anterior), (3) referencia a localizacións estranxeiras (normalmente colonais) e (4) remisión local a lugares da toponimia galega que son ubicables (e algún caso inventado como creación expresiva). Á parte das asociacións semánticas que se adoitan asociar a lugares moi distanciados (imprecisión, incomunicación, ignorancia ou atraso dos habitantes, distancias xeofísicas ou astronómicas, lugares tranquilos ou ó abrigo, solitarios ou deshabitados, ou en posicións periféricas, profundas ou imaxinarias), veremos un pouco que fan outras linguas das familias indoeuropeas: procedementos principais e menos usuais, variación nas referencias xeográficas e imáxinarias e usos comúns ás diferentes linguas ou procedementos comúns. Sen pretender ser sistemáticos, ofrecemos os nosos datos a reflexión, contribución e debate.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus