Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A adquisición da competencia bilingüe no alumnado de educación infantil en Galicia

  • Autores: Ana Iglesias Álvarez
  • Localización: Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018 / Marta Díaz Ferro (ed. lit.), Gael Vaamonde (ed. lit.), Ana Varela Suárez (ed. lit.), María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.), José María García-Miguel Gallego (ed. lit.), Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.), 2018, ISBN 978-84-8158-786-9, págs. 459-466
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A investigación divídese en dúas fases. En primeiro lugar, analizamos cales son as vías de entrada de cada unha das linguas ás que están expostos os nenos e nenas (input lingüístico), en función do tipo de hábitat (rural e urbano), así como o seu dominio e uso lingüístico, segundo a información que nos proporcionaron as familias, a través dun cuestionario. Os resultados analizámolos mediante o programa estatístico SPSS. Despois, xa desde unha perspectiva cualitativa, entrevistamos a unha selección de nenos e nenas de cada grupo estudado, co fin de medir a súa competencia lingüística de forma directa. Na primeira parte da entrevista, intentamos que o neno/a falase da forma máis espontánea posible, a partir de cuestións sobre a súa vida cotiá; mentres que na segunda pedímoslle que identificase unha serie de imaxes, co fin de avaliar o seu nivel de vocabulario en cada idioma. Os resultados poñen de relevo a maior competencia bilingüe, en galego e castelán, que acada o alumnado do hábitat rural; mentres que no hábitat urbano o bilingüismo é moito máis tardío e parcial, o que nos leva a reflexionar sobre o modelo de ensino bilingüe que se está aplicando actualmente en Galicia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno