Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Neofalantes e travestismo lingüístico: un experimento sociolóxico e didáctico sobre ideoloxías, obstáculos e persistencia

  • Autores: Estefanía Mosquera-Castro
  • Localización: Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018 / Marta Díaz Ferro (ed. lit.), Gael Vaamonde (ed. lit.), Ana Varela Suárez (ed. lit.), María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.), José María García-Miguel Gallego (ed. lit.), Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.), 2018, ISBN 978-84-8158-786-9, págs. 655-661
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O presente traballo aproxímase ao neofalantismo en lingua galega desde o ámbito da Educación, unha perspectiva pouco explorada mais de notábel relevancia, pois no contexto sociolingüístico actual a aprendizaxe formal supón a principal vía de acceso á competencia comunicativa neste idioma para as faixas etarias de menor idade. En concreto, centramos a atención sobre os perfís de neofalante potencial e neofalante funcional nos que encaixa o alumnado castelanfalante que cursa o grao de Educación Primaria e que realizou o ensaio sociolóxico “travestismo lingüístico”, un experimento de inmersión lingüística durante un período de 7 días. A experiencia lingüística de ambos os perfís presenta carencias comúns motivadas polo sistema educativo actual que dificultan o cambio, tanto no que se refire a cuestións ideolóxicas como nas estritamente competenciais; e a teor dos resultados obtidos, consideramos que esta experiencia non só contribúe para mellorar a súa competencia lingüística e sensibilizar a futuros docentes das dificultades que implica tanto a adopción da lingua minorizada como a permanencia do galego como L1 nun contexto en que predomina a lingua maioritaria, mais tamén para facilitar a través dunha tarefa educativa a mudanza daqueles neofalantes potenciais que dubidaban en dar o paso.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno