Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A quinésica fainos rir: metaforización quinésica en narrativas persoais humorísticas

  • Autores: Aitor Rivas Rodríguez
  • Localización: Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018 / Marta Díaz Ferro (ed. lit.), Gael Vaamonde (ed. lit.), Ana Varela Suárez (ed. lit.), María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.), José María García-Miguel Gallego (ed. lit.), Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.), 2018, ISBN 978-84-8158-786-9, págs. 783-790
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Dentro dunha análise multimodal da comunicación, en moitas ocasións a xestualidade pode servir como delimitador entre un tipo de discurso e outro. A partir da concepción da lingua oral como unha tripla estrutura básica conformada pola linguaxe, paralinguaxe e quinésica (Poyatos 1994), podemos observar que a quinésica ten unha importante capacidade categorizadora grazas á súa función actualizadora e metaforizadora que serve frecuentemente para presentar momentos de grande intensidade humorística nas narrativas persoais. A nosa metodoloxía de traballo baséase nas propostas de análise de comunicación non verbal e de multimodalidade formuladas por Birdwhistell (1952, 1970), Poyatos (1994), Bouvet (2001) e Galhano Rodrigues (2007). O corpus de estudo para este traballo está formado por gravacións orais de falantes nativos de galego, éuscaro, catalán, castelán e portugués. A través da gravación e análise dalgúns fragmentos significativos de cinco narrativas persoais humorísticas, repararemos na alta capacidade metafórica dos procedementos cinésicos e a súa importancia para a configuración do marco humorístico (Diz Ferreira, 2017) e individualizaremos aqueles elementos quinésicos (particularmente os relacionados cos emblemas, inclinación da testa, posición e dirección ocular e xestos manuais) que asumen unha función delimitadora e preparadora dos momentos humorísticos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno