Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Novas aplicacións informáticas para recoller, normalizar e difundir a toponimia de Galicia: estado dos proxectos

Vicente Feijoo Ares

  • Despois da paralización, no ano 2011, do Proxecto Toponimia de Galicia (PTG), proxecto cuxo obxectivo era a recolleita dos, aproximadamente, dous millóns de microtopónimos existentes no territorio galego, tivemos que reinventarnos e deseñar novos métodos que permitan, de forma colaborativa, salvagardar este inmenso patrimonio cultural inmaterial que reside na nosa toponimia e que, desgraciadamente, desaparece de forma acelerada pola transformación dos modos de vida tradicionais en Galicia.

    Nomenclátor de entidades de poboación de Galicia. Este documento, oficializado no ano 2003, terá unha nova versión en 2018, coa gran novidade de que cada entidade de poboación, por pequena que sexa, estará xeolocalizada. Tamén estamos renovando o portal da Toponimia de Galicia (toponimia.xunta.gal), co propósito fundamental de difundir este patrimonio inmaterial a través dun buscador de topónimos e a divulgación de contidos relacionados coa importancia cultural, a singularidade e o significado de moitos dos nosos nomes de lugar, cuestións que espertan o interese xeral da sociedade.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus