Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Unha canción marabillosa, galega e panteísta

Xurxo Souto

  • Alén de na poesía, a figura de Manuel María ocupa un papel axial na creación da música galega contemporánea. A súa pegada recoñécese en varias facetas. En primeiro lugar polo seu apoio decidido aos primeiros artistas que nos anos sesenta comezaron a cantar en galego e, a partir deste momento, a todos os cantores e cantoras que continuaron a utilizar esta lingua. Ademais, a súa obra poética é unha fonte fecunda á que acudiron, e seguen a acudir, moitos músicos para crear novas composicións. De tal xeito que nestes momentos un cento dos seus poemas xa forman parte, feitos canción, do acervo da música popular galega. Finalmente indícase como, a través da música, a poesía de Manuel María dialoga con outras latitudes, nomeadamente, coa cultura catalá e vasca.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus