Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de A lingua galega na vida, na obra e no pensamento de Manuel María

Xosé Ramón Freixeiro Mato

  • Após unha revisión do estado da arte relativo aos traballos publicados con anterioridade sobre a lingua de Manuel María, no presente traballo analízase a relación do poeta co idioma galego, tanto no que fai referencia aos usos lingüísticos como cidadán e escritor, canto ao compromiso que desde moi novo adquiriu na súa defensa, dignificación e normalización social. A seguir, estúdanse as características do galego utilizado polo autor na súa obra, a tomar en consideración especialmente a relación coa fala local de Outeiro de Rei e coa lingua literaria da altura, os fenómenos de interferencia directa ou indirecta do español e a evolución lingüística que se foi producindo na súa obra ao longo do tempo, ben como o posicionamento do autor a respecto da cuestión normativa. En último lugar, analízase o pensamento de Manuel María con relación á situación sociolingüística: distinción entre o galego como lingua das clases populares e o castelán –ou castrapo– como lingua das clases dominantes, denuncia da deslealdade lingüística, crítica das persoas bilingüistas e castrapistas, e defensa da normalización lingüística como solución de futuro para unha Galiza que só pode sobrevivir a se expresar na lingua propia.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus