Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Travesía até "Mar Maior": contexto literario e biográfico do primeiro Manuel María

  • Autores: Rosalía Fernández Rial
  • Localización: Boletín da Real Academia Galega, ISSN 1576-8767, Nº. 377, 2016 (Ejemplar dedicado a: Manuel María), págs. 61-69
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Este artigo presenta un percorrido bio-bibliográfico a través dos sete libros de poemas publicados polo poeta Manuel María na década que abrangue desde os anos 50 até comezos dos 60. Dun xeito máis específico céntrase nos títulos seguintes: Muiñeiro de brétemas (1950), Morrendo a cada intre (1952), Advento (1954), Terra Chá (1954), Documentos persoais (1958), Libro de pregos (1962) e Mar Maior (1963).

      O enfoque adoptado fundaméntase no concepto de intertextualidade acuñado por Bajtín e establece certos vínculos literarios entre os libros citados e outras obras co fin de que esas relacións nos permitan afondar na comprensión da escritura do autor protagonista ao tempo que dilucidan aspectos do contexto vital e literario onde Manuel María se insire no período referido.

      Finalmente, cómpre aludir a que o modo de expresión empregado para transmitir os citados contidos se sitúa nun estilo literario e cunha tendencia ao simbólico e metafórico, sen perder o rigor inherente ao ámbito académico e ao eido da investigación filolóxica.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno