Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Variación na colocación dos pronomes átonos nalgúns complexos verbais do galego

Irene Santos Raña

  • Esta investigación ten como obxectivo analizar a posición dos clíticos en construcións con máis dunha forma verbal en textos do galego moderno. Algúns traballos previos mostraron que a variable tempo ten unha función importante no cambio que se vén producindo na lingua galega nestas construcións, especialmente na comparación da lingua medieval coa moderna. No caso deste traballo, a análise céntrase na revisión de textos de tres períodos cronolóxicos: 1875-1900, 1900-1925 e 1975-2000. Os datos utilizados obtivéronse do corpus de textos escritos do Tesouro Informatizado da Lingua Galega. Na análise dos datos contémplanse, por unha parte, a colocación do clítico e o tipo complexo e, por outra parte, a variable extralingüística tempo. As conclusións indican que encontramos variación entre os distintos complexos verbais, mais non temos datos que permitan testemuñar un cambio lingüístico na colocación dos clíticos nas estruturas e nos períodos analizados.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus