Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Eu às vezes digo com as letras e outras vezes digo sem as letras, porque eu sei escrever. Evolución de trazos dialectais portugueses no século XX

  • Autores: Xosé Afonso Alvarez Pérez
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. Extra 0, 2018, págs. 179-192
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Examínanse os cambios na distribución xeográfica e na frecuencia de uso que sufriron durante a segunda metade do s. XX cinco fenómenos dialectais do portugués europeo empregados para definir a Nova proposta de classificação dos dialectos portugueses de Lindley Cintra:1. Ausencia / presenza de distinción fonolóxica entre /b/ e /v/.2. Realización apical / predorsodental do fonema fricativo alveolar.3. Conservación / redución do fonema africado postalveolar xordo [tʃ].4. Conservación / redución do ditongo ou, realizado foneticamente como [ou̯] ou [au̯ ]5. Conservación / redución do ditongo ei, realizado maioritariamente como [ei̯] / [ɐi̯].Analizouse cuantitativamente un extenso corpus de máis de 100.000 respostas contidas nos cuestionarios inéditos dos dous grandes atlas lingüísticos que describiron Portugal: o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) que explorou o territorio luso en 1936 e 1953-1954, e o Atlas Lingüístico-Etnográfico de Portugal e da Galiza (ALEPG), realizado tamén en dúas quendas, 1973-1984 e 1988-1997. O exame cuantitativo (e comparativo) das dúas fontes permitiu afinar a delimitación xeográfica de cada fenómeno en cada época e obter resultados moito máis informativos sobre a súa vitalidade ca os transmitidos pola dialectoloxía clásica. En xeral, ponse de manifesto un forte retroceso dos marcadores dialectais nas últimas décadas, especialmente no que respecta a trazos como a realización africada, moi mal considerada entre a comunidade lingüística. Tamén se pode ver ás claras que as clasificacións dialectais tradicionais, amplamente utilizadas aínda hoxe, non sempre describen a situación real da lingua.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno