Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Construcións causativas e anticausativas en galego: o caso de aprender

  • Autores: María Beatriz Domínguez Oroña
  • Localización: Estudos de lingüística galega, ISSN 1889-2566, Nº. Extra 0, 2018, págs. 155-178
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste artigo achegámonos ás construcións de aprender en galego, desde o período medieval ata a actualidade. Aprender pertence ao grupo de verbos que presentan alternancia causativa supletiva, é dicir, a que se dá en pares verbais nos que un membro presenta a construción causativa (neste caso ensinar) e o outro distinto (aprender) a construción anticausativa correspondente. En ocasións esta alternancia supletiva muda ao adquirir o predicado anticausativo as propiedades construtivas do causativo. Tal ocorreu en galego con aprender, que comezou a ser usado como causativo, en esquemas análogos aos de ensinar, cando menos desde comezos do século XIX. Nesta contribución estúdase o funcionamento da alternancia causativa con aprender rastrexando os seus usos ao longo da historia da lingua. Para iso analizamos un corpus de traballo extraído de dous grandes corpus informatizados: o Tesouro Medieval Informatizado da Lingua Galega (TMILG), para o período medieval, e o Tesouro Informatizado da Lingua Galega (TILG), para o galego moderno e contemporáneo. Nun segundo plano, tamén procuramos determinar se a innovadora construción causativa de aprender ten unha distribución dialectal concreta, a través da información que nos achega tanto o propio corpus como outras fontes máis acaídas para o caso, nomeadamente o Atlas Lingüístico Galego (ALGa).


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno