Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


As arelas: a democracia representativa e a relaidade espacial no contexto de Sada

  • Autores: Óscar Pedrós Fernández
  • Localización: Proxecto Sada: paisaxe, lugar e arquitectura/ / coord. por Emma López Bahut, 2017, ISBN 9788409007172, págs. 29-40
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Na actual sociedade postindustrial, o descrédito dun gran número de electores e a perda da fe na democracia representativa baixo o sistema de partidos trouxeron consigo o descontento cidadán, que se plasmou nas eleccións municipais de 2015. Entre as "novas" reivindicacións, a que e relaciona directamente coa disciplina do arquitecto é a participación cidadá como acicate para o redeseño dos sistemas urbanos e do espazo público. O texto presenta unha serie de reflexións acerca da nova situación política e social e a súa incidencia na gobernanza da cidade desde o punto de vista do que significa participación cidadá e do instrumentos que deben plasmar o resultado final para facer efectiva esa transformación da cidade. Desde un aspecto global, analízase o contexto político e económico que rodea o desenvolvemento urbano. Descendendo á escala do núcleo de Sada e o eu contorno, ofrécese unha serie de pistas que poidan relacionar, no contexto sadense, os termos de urbanismo, política e polís.

      En segundo lugar, nárrase a experiencia do traballo da materia de Proxectos 4 desde o punto de vista da relación urbana, pero sen obviar a realidade esmagadora, o que herdarán os agora estudantes. De modo que, aos exemplos ideais de resolución do espazo, se lles superpoñen o resto de situacións reais, globais, que xustifican o rescate de tipoloxías en perigo de extinción (como un mercado de abastos) ou a posta en valor de tipoloxías alternativas, rexeneradoras de tecido (vivencia para artistas).

      Por último, ao soño que produce a foto do voo americano de 1956, superpónselle unha crítica da situación real e a consideración de que, se a nova situación económica e de reclamo social supoñen xa de por si un grande hándicap, aínda existen problemas de antano de carácter estrutural que fan, se cabe, máis difícil afrontar unha gobernanza.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno