Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Un instrumento innovador para defragmentar a propiedade?: a permuta entre múltiples participantes e a percepción dos gandeiros

Nieves Pérez, Eduardo Corbelle Rico, Francisco J. Onega López

  • galego

    Neste traballo explórase a viabilidade dun proceso de permuta de uso das parcelas entre múltiples participantes como ferramenta para reducir a fragmentación do uso da terra e mellorar a estrutura parcelaria das explotacións. Trátase de identificar os criterios e variables máis relevantes a hora de realizar un proceso deste tipo, desde a perspectiva das explotacións de gando vacún, co obxectivo adicional de que o coñecemento xerado sirva de base para o deseño de ferramentas informáticas de apoio.

    A través da realización de entrevistas e a análise cualitativa dos resultados obtidos, quedou patente que a marxe de mellora da base territorial das explotacións existe e que a práctica da permuta non é totalmente allea ao sector. O traballo permitiu explorar cales serían as principais vantaxes e inconvenientes dun proceso destas características desde a perspectiva dos seus potenciais beneficiarios

  • English

    In this work we explore the viability of multistakeholder parcel exchange as a tool to reduce land use fragmentation and improve the structure of farms. We aimed at identifying the criteria and the most relevant variables from the perspective of beef and dairy cattle farmers, hoping that the knowledge generated serves as the basis for the design of information technology-based support tools.

    Qualitative analysis of information gathered in personal interviews with farmers and local technicians made it clear that there is margin for improvement in the current land structure of farms and that farmers are already familiar with parcel exchange (on a one-to-one basis). Our results allowed us to define the main advantages and disadvantages of a process of these characteristics from the perspective of its potential beneficiaries.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus