Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Igualdade de xénero e sostibilidade: a axencia das mulleres

  • Autores: María Xosé Rodríguez Galdo
  • Localización: Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015 / Anabel González Penín (dir.), Ana Jesús López Díaz (dir.), Eva Aguayo Lorenzo (dir.), 2015, ISBN 978-84-8158-694-7, págs. 33-42
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A confluencia do discurso feminista con contribucións significativas producidas desde o campo da economía e da filosofía social foi articulando as nocións de igualdade e liberdade, de capacidades e necesidades, de distribución e recoñecemento como principios e obxectos do desenvolvemento, unha vez que se acepta o carácter sistémico dos problemas que encara a sostibilidade. Do que se seguíu a consideración do enorme alcance da axencia das mulleres - unha das cuestións máis descoidadas nos estudos do desenvolvemento.

      Estúdase como no devir da igualdade de xénero na centralidade da axencia do desenvolvemento sostible, xogou un papel determinante a “politización” desta, poñéndose o acento no desenvolvemento das capacidades humanas e na axencia das mulleres como parte constitutiva do mesmo concepto de desenvolvemento. Subsisten, no momento de encarármonos co tema da sostibilidade, evidentes dificultades para o avance na equidade de xénero no desenvolvemento. Dificultades tanto de natureza económica- que cuestionan o modelo de desenvolvemento humano-, como as inseridas en ideoloxías integristas e fundamentalistas baseadas nun paradoxal concepto do dereito á propia cultura, ás tradicións e á diversidade que nega, por riba, a premisa de que o persoal é político”. Tal modelo cultural exclúe, sobre a base de consideracións supostamente lexítimas, a liberdade e igualdade de xénero.

      De tal xeito que a relación mulleres/desenvolvemento sostible bate coa oposición non só da corrente principal do desenvolvemento, senón co seu opoñente, co risco de que tanto uns coma outros os distorsionen ou desboten os seus progresos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno