Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Ecofeminismo urbán na educación de intelectuais de proximidade

  • Autores: Rosa Elena Caramés Balo
  • Localización: Trazos de xénero no século XXI: III Xornada Universitaria Galega en Xénero, Pontevedra, 5 de xuño 2015 / Anabel González Penín (dir.), Ana Jesús López Díaz (dir.), Eva Aguayo Lorenzo (dir.), 2015, ISBN 978-84-8158-694-7, págs. 89-98
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Dase conta dos traballos-proxecto que se veñen levando a cabo dende o ano 2012 para desenvolver as competencias da asignatura de Socioloxía da Educación para a formación no maxisterio, tamén extrapolable á calqueira eido da educación e dende unha perspectiva holística e experiencial para a cumplimentación “doutro” xeito de plantexar os procesos formais de ensinanza-aprendizaxe que veñen indicando diferentes autoridades académicas dende os últimos vinte anos. Estes procedementos de investigación-acción participativa (Colmenares, 2012) ou de aprendizaxe servicio (Francisco e Moliner, 2010) teñen por obxectivo traspasar os límites de aprender a coñecer e acadar os resultados no eido de aprender a facer, a vivir e a ser. As aprendizaxes baseadas nas “Competencias” foron definidas pola OCDE como habilidades prácticas, coñecementos, motivacións, valores éticos, actitudes, emocións e outros compoñentes sociais que se movilizan conxuntamente para acadar unha acción, un comportamento, unha conducta de adaptación ou intelixencia eficaz, tal e como relatan Hersh, Simone, Moser e Konstant (1999). Tamén se abordan as indicacións do informe da ANECA do 2005 donde se plasma a necesidade de recomponer unha metodoloxía de aprendizaxe que aglutine diferentes competencias básicas ou específicas como son o traballo en equipo, as habilidades nas relacións personais, o compromiso ético e o razoamento crítico para a formación nos maxisterios.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno