Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Unha achega ao catálogo das Ediciós do Castro: os Cadernos do Seminario de Sargadelos

  • Autores: Leticia Quintás Pérez
  • Localización: Nuevas perspectivas literarias y culturales (I CIJIELC) / Rocío Hernández Arias (ed. lit.), Gabriela Rivera Rodríguez (ed. lit.), David Pérez Álvarez (ed. lit.), 2016, ISBN 978-84-608-6759-3, págs. 208-224
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • español

      A la hora de analizar la intensa actividad editorial producida en Galicia a finales del siglo XX, encontramos un elevado número de empresas que se ocupan del panorama cultural gallego de este período. Entre ellas, podemos destacar las Ediciós do Castro cuya producción consta de aproximadamente 1500 libros, distribuidos a lo largo de diferentes colecciones que abarcan desde temas científicos hasta escritos de creación propia. Este extenso catálogo carece, en la actualidad, de un estudio riguroso que nos ayude a ver lo que la editora de Díaz Pardo supuso para el mundo editorial gallego del momento. Falta, por tanto, una revisión atenta y un posterior análisis de las colecciones que forman parte del Castro de modo que nos permitan poner de relevo las características de este proyecto: contenido y evolución de las colecciones, autores/as que participan, instituciones colaboradoras o redes intelectuales y comerciales tejidas en el campo cultural gallego, entre otros aspectos.

      En esta comunicación nos centraremos en el análisis de los "Cadernos do Semanario de Sargadelos" que se editan entre los años 1972 y 2007. Es esta una colección destacada dentro de la editorial tanto a nivel cuantitativo por sus cerca de cien volúmenes, como por la extensión temporal que va desde los años iniciales de la editorial hasta su desaparición. Además de eso, debemos hacer referencia al tema central que en ella se recoge y que está ligado a la industria de la cerámica, lo que nos deja ver una colección vinculada con los principios ideológicos fundadores de un importante proyecto empresarial como es Sargadelos y no equiparable a otras hechas en la altura por las industrias culturales del momento.

    • galego

      Á hora de analizarmos a intensa actividade editorial producida en Galicia a finais do século XX, encontramos un relativamente elevado número de empresas que se ocupan do panorama cultural galego deste período. Entre elas, podemos destacar as Ediciós do Castro cuxa produción consta duns aproximadamente 1500 libros, distribuídos ao longo de diferentes coleccións que abarcan desde temas científicos até escritos de creación propia. Este extenso catálogo carece, na actualidade, dun estudo rigoroso que nos axude a ver o que a editora de Díaz Pardo supuxo para o mundo editorial galego do momento. Falta, por tanto, unha revisión atenta e unha posterior análise das coleccións que forman parte do Castro de modo que nos permitan poñer de relevo as características deste proxecto: contido e evolucións das coleccións, autores/as que participan, institucións colaboradoras ou redes intelectuais e comerciais tecidas no campo cultural galego, entre outros aspectos.

      Nesta comunicación centrarémonos na análise dos "Cadernos do Seminario de Sargadelos" que se editan entre os anos 1972 e 2007. É esta unha colección destacada dentro da editorial, tanto a nivel cuantitativo polos seu perto de cen volumes, como pola extensión temporal que vai desde os anos iniciais da editorial até a súa desaparición. Alén diso, debemos facer referencia ao tema central que nela se recolle e que está ligado á industria da cerámica, o que nos deixa ver unha colección vinculada cos principios ideolóxicos fundadores dun importante proxecto empresarial como é Sargadelos e non equiparable a outras feitas na altura polas industrias culturais do momento.

    • English

      When it comes to examine the intense publishing activity produced in Galicia at the end of the twentieth century, there is a relatively high number of companies addressed to the Galician cultural landscape during that period. Among them, we could highlight Ediciós do Castro, whose production consists of approximately 1,500 works, distribuited in different collections, ranging from scientific topics to this publishing company created by Díaz Pardo implied for the publishing scene in Galicia at that time. Therefore, there is a lack of a thoughtful revision and a subsequent analysis of the collections forming part of Ediciós do Castro in such a way that enables us to emphasize the features of this project: the contents and evolution of the collections, the authors being involved, the collaborating institutions or intellectualand commercial networks tied in the Galician cultural frame, among other aspects.

      This communication is focused on the analysis of "Cadernos do Seminario de Sargadelos", edited between 1972 and 2007. This is a notable collection for the publisher in quantitative terms, due to its nearly 100 volumes, as well as for its temporary extension, going from thd first years on the company until its disappearance. In addition, we should refer to the main topic included in this collection and linked to the ceramic industry. This enables us to see a collection related to the ideological principles that have founded an important business project like Sargadelos, and not comparable with other collections carried out by the cultural industries from that moment.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno