Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A anorexia nerviosa: unha revisión

  • Autores: Olaia Carrera Guermeur, Emilio Gutiérrez García
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 35, 2017, págs. 15-28
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Aínda que a anorexia nerviosa é un trastorno con baixa prevalencia, implica graves consecuencias físicas e psicolóxicas para as pacientes.

      É o trastorno mental con maior índice de mortalidade e afecta fundamentalmente a mulleres adolescentes. Na actualidade a anorexia nerviosa carece dun tratamento tanto psicolóxico como farmacolóxico eficaz, o que podería estar relacionado coa concepción actual dominante e a énfase excesiva nos trastornos da imaxe corporal. Por outra banda, a investigación, tanto na súa vertente humana como animal, destacou o papel central da hiperactividade na anorexia nerviosa, onde o incremento da actividade física pode entenderse como un mecanismo de sostén da temperatura corporal, para compensar a hipotermia orixinada pola perda de peso.

      Tendo en conta o papel modulador da temperatura ambiental na expresión da actividade física das pacientes, resultan prometedores os efectos beneficiosos da aplicación de calor no tratamento da anorexia nerviosa.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno