É evidente que o planeta está a sufrir as consecuencias do cambio climático moito máis rápido do previsto, polo que é esencial que comecemos a traballar coa Natureza en vez de en contra dela para abordar unha grande variedade de ameazas ambientais ás que nos enfrontamos. Para poder loitar contra o quecemento do planeta é imprescindible trocar de modelo enerxético, abandonar a enerxía nuclear e os combustibles fósiles ata conseguir un mix cento por cento renovable, algo que xa forma parte da folla de ruta de todos os países de Europa nos que a aposta polas enerxías renovables está relacionada cunha baixada no prezo da electricidade, coa excepción de España. Galicia non pode deixar escapar esta oportunidade.
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados