Os incendios foron constantes e paralelos a un aumento de produción de madeira e serviron para estender o eucalipto en Galicia. A Administración dedica fondos públicos para facernos crer que está combatendo o lume, mais tamén potencia as plantacións de crecemento rápido (eucaliptos e piñeiros) e as situacións que propagan o lume. É un feito o abandono do bosque autóctono, a escasa produción de madeira de calidade das nosas árbores, e tamén a baixa produción de leña, mel, cogomelos, gandería en liberdade... A industria transformadora e derivada da madeira podería ser moi superior á actual e serviría para fixar poboación no medio agro-forestal galego se o modelo forestal mudase. Neste artigo, analizamos tres aspectos do monte galego: o seu potencial madeireiro, o problema dos incendios forestais e o imparable avance do eucalipto.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados