Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


A influencia do deseño exterior do establecemento comercial na “venda libre” da oficina de farmacia

    1. [1] Universidade de Santiago de Compostela

      Universidade de Santiago de Compostela

      Santiago de Compostela, España

    2. [2] Redfarma
  • Localización: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, ISSN-e 2255-5951, ISSN 1132-2799, Vol. 26, Nº. 2, 2017, págs. 59-76
  • Idioma: gallego
  • Títulos paralelos:
    • The influence of the commercial establishment’s design outdoors in the sales of a pharmacy’s over-the-counter drugs
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Os cambios que se produciron no sector das oficinas de farmacia reduciron sensiblemente os ingresos e os beneficios obtidos coa venda de medicamentos con receita. Isto obrigou aos farmacéuticos a cambiar a forma de xestionar o seu negocio, baseada en “despachar” menciñas, para adoptar unha actitude máis activa fundamentada na aplicación das técnicas de merchandising co obxectivo de incrementar a venda libre (produtos de parafarmacia e especialidades farmacéuticas publicitarias), e depender menos dos medicamentos con receita. Nesta investigación analízase a importancia que dentro destas técnicas comerciais,desempeña o deseño exterior do punto de venda como estratexia que anima aos potenciais clientes a entrar no establecemento comercial, e polo tanto aumentar a posibilidade de que os consumidores adquiran os produtos incluídos na carteira de produtos da farmacia. En particular, analízase a influencia que a fachada, os letreiros, a cruz, a porta de entrada e o escaparate teñen na venda libre da farmacia.

    • English

      Prescription drugs have been significantly reduced. That is why pharmacists have to change the way in which they run their business, based on dispensing prescription drugs,in order to adopt a more active attitude based on the application of merchandising techniques in order to increase the sales of over-the-counter drugs (parapharmaceutical products and advertising pharmaceutical specialties), so they are able to be less dependent on the prescription drugs. This study analyzes the importance of outdoor design as a strategy to encourage potential customers to go inside the commercial establishment; and thus increase the possibility for consumers to purchase the products included in the pharmacy product portfolio. In particular, the influence of the façade, the pharmacy sign, the pharmacy cross, the front door and the shop window, on the sales ofover-the-counter drugs of the pharmacy is analyzed.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno