Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Feitos estilizados do patrón de investimento na economía española, 1981-2013

Luis Cárdenas del Rey

  • galego

    O obxecto principal deste traballo é presentar un conxunto de feitos estilizados sobre o patrón de investimento que amosou a economía española nas derradeiras décadas. Arealización deste tipo de análise é relevante como punto de partida para posteriores estudos sobre o investimento en España, especialmente pola importancia central que teno investimento no crecemento económico. Utilízanse os datos da base BBVA-IVIE pero cun enfoque metodolóxico distinto, máis achegado ás categorías do BEA estadounidense.Grazas a isto, neste traballo apórtase nova evidencia sobre os trazos característicos dopatrón de capitalización, dos que os máis interesantes son: i) Existiu unha “aceleración” no crecemento entre os dous ciclos expansivos; ii) A nivel de composición técnica, o investimento en equipamentos é o que amosou un maior dinamismo; iii) a nivel de axentes investidores, o investimento corporativo tivo unha gran constancia no seu crecemento, véndose complementado polo “relevo” dos outros axentes, é dicir, o investimento das AA.PP: creceu máis no primeiro ciclo expansivo (1981-1993) e o investimento dos fogares no segundo (1994-2007), e iv) a nivel sectorial o investimento concentrouse en sectores con maior dinamismo en creación de emprego, sendo paradigmático o caso do sector da construción.

  • English

    The main aim of this report is to introduce a set of stylized facts about the investment pattern displayed by the Spanish economy in the past decades. This type of analysis is relevant as astarting point for further studies on investment in Spain, especially given the importance of investment in economic growth. Information from the BBVA-IVIE database has been used witha different methodological approach, closer to the categories of the American BEA. As a result,new evidence is exposed along with the characteristics of the capitalization pattern, of which the most interesting ones are the following: (i) There was an "acceleration" in growth between both expansive cycles. (ii) As far as technical composition is concerned, investment inequipment is the one that has been more dynamic. (iii) From the agent investment point of view,business capitalization has been hugely consistent with growth, being complemented by the"relay" of the other two agents, i.e., the government investment in the first expansionary cycle(1981-1993) and household investment in the second (1994-2007). (iv) At a sectoral level,investment has been concentrated in industries with greater dynamism in terms of job creation and, in this sense, the building industry is paradigmatic.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus