Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Ética e deontoloxía profesional en psicoloxía

  • Autores: Carmen del Río Sánchez
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 36 (Número especial ), 2017 (Ejemplar dedicado a: Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos), págs. 79-92
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • Neste traballo coméntanse os medios que teñen os colexios profesionais, segundo o Consello de Ética da EFPA (2015), para asegurar que os colexiados actúan de forma ética e axeitada:

      1) a formulación e difusión dun código ético, 2) a regulación da formación inicial na materia, 3) a existencia de requisitos para o mantemento e o desenvolvemento da capacidade para practicar de forma competente e ética e 4) que se conte cun réxime disciplinario e con procedementos para avaliar as reclamacións ou as denuncias que se formulen contra os colexiados.

      No noso país estes medios aínda non se desenvolveron na súa totalidade, aínda que si existen requisitos para o mantemento e desenvolvemento dunha práctica de calidade e cóntase con procedementos disciplinarios, aínda está pendente a revisión e adaptación do noso código deontolóxico ao metacódigo da EFPA e aos novos desenvolvementos éticos e cambios lexislativos.

      E, especialmente, segue existindo un déficit importante no que concirne á existencia dun sistema de formación estable sobre aspectos éticos/legais que garanta o manexo axeitado nestes aspectos por parte de todos os profesionais. Este déficit, agás excepcións que se comentan, obsérvase tanto nas esixencias formativas previas á colexiación (nos estudos de grao, de mestrado ou nos cursos de formación organizados polo propio colexio) como na actualización permanente dos xa colexiados mediante cursos ou seminarios cunha programación frecuente onde se poidan debater todos os novos progresos e se traballe o tratamento e a resolución de dilemas éticos. Existen diferentes modelos que son de utilidade para a resolución de dilemas éticos e case todas as asociacións inclúen algún nos seus códigos.

      Neste texto describimos o modelo que desenvolveu o Consello de Ética da EFPA (2015) cos pasos que deben seguir ante unha situación que implique un dilema ético.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno