Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Un home orquestra: Os retos dun especialista de rr. Hh. Contemporáneo

Beata Choragwicka

  • O mercado laboral europeo, igual que a xestión de RR. HH.

    (cada vez máis focalizada no negocio), esixen que os especialistas de RR. HH. contemporáneos afronten no seu traballo retos relacionados con: a loita global polos talentos, a dixitalización da sociedade (e todo o que implica) e a diversidade xeracional nas organizacións. Por este motivo, a xestión de RR. HH. actual demanda que as persoas responsables das políticas do persoal nas empresas sexan polivalentes, é dicir, que teñan aptitudes en diferentes áreas que con frecuencia superan o alcance tradicional dos recursos humanos. O artigo afonda en que desafíos atopan a diario os especialistas de RR. HH. contemporáneos nos seus traballos e que competencias deveñen hoxe en día esenciais para poder exercer con eficiencia este rol dentro das organizacións.

    O texto apunta tamén cara aos posibles retos que están por afrontar desde o colectivo de profesionais dos recursos humanos nos anos vindeiros. As teses da autora están apoiadas nos resultados de dúas grandes investigacións desenvolvidas en Europa e a nivel global recentemente, ao igual que nas observacións propias como o práctica de Recursos Humanos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus