Neste século, co novo paradigma que estamos a vivir, onde o cambio é un requisito indispensable para o desenvolvemento persoal e profesional das persoas, así como o actual interese da sociedade pola optimización do devandito desenvolvemento, sitúan o coaching como unha actividade fundamental. Neste artigo preténdese presentar unha visión xeral do estado actual do coaching en Galicia.
Na área Formación e Desenvolvemento, denominación amplamente aceptada e de uso moi común, ata hai pouco tempo o peso dos esforzos ían encamiñados cara ao primeiro concepto.
Nos últimos anos o foco foise poñendo máis no concepto do desenvolvemento.
Este feito modificou de cheo as necesidades mostradas polos clientes. É dicir, a metodoloxía de aprendizaxe utilizada nas empresas variou desde programas enfocados no perfil duro das persoas (académico), mais que carecían do impacto necesario ao non seren programas individualizados de aprendizaxe/desenvolvemento, ata programas formativos enfocados no desenvolvemento, individual ou de grupo.
Ao subliñar o concepto de aprendizaxe como proceso, entendemos que as vellas metodoloxías non daban resposta, xa que se focalizaban nunha fase do proceso de aprendizaxe, mais non traballaban sobre as dificultades ou as barreiras que se poden manifestar en calquera momento do devandito proceso.
O coñecemento universitario organizado e estruturado da persoa, tanto conceptual como técnico, que teñen os psicólogos pode ser engadido no traballo de coach, o cal amplía a capacidade de acción do psicólogo experto en coaching no proceso;
facilita un tratamento sistemático, profundo e substancial dos procesos e dos fenómenos implicados; reduce dese xeito os tempos e incrementa a capacidade do coachee para conseguir resultados extraordinarios dunha forma máis permanente.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados