Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O papel actual e futuro do psicólogo do traballo e das organizacións na seguridade e na saúde laboral

  • Autores: Carlos Martínez Corral
  • Localización: Cadernos de psicoloxía, ISSN 0213-5973, Nº. 36 (Número especial ), 2017 (Ejemplar dedicado a: Psicoloxía do Traballo, das Organizacións e dos Recursos Humanos), págs. 27-33
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • O profesional da psicoloxía do traballo e das organizacións (PTO) especialista en seguridade e saúde laboral (SSL) ou en prevención de riscos laborais (PRL) ten actualmente ante si un importante reto, clave para a súa supervivencia e o seu desenvolvemento como especialista nas próximas décadas.

      Primeiro, hai que entender a situación sociolaboral actual e os cambios que se están a producir na economía global e, por extensión, nas economías do noso contorno europeo, estatal e autonómico.

      Segundo, débese facer un exercicio de encaixe da profesión nesta estrutura económica e empresarial que se está a conformar.

      Consideramos como os dous ámbitos de actuación mais importantes os riscos psicosociais (RPS) e a intervención psicosocial (IP) en individuos, en grupos e en organizacións.

      Terceiro, e último, hai que promover ou adquirir as competencias necesarias para lograr os obxectivos establecidos no pará- grafo anterior.

      Cada vez existe unha maior preocupación na nosa sociedade polo coidado da saúde (e da saúde laboral) e isto permítenos ser moderadamente optimistas de cara á demanda de profesionais que xestionen as actividades que permitan acadar as anteriores intencións.

      Aínda que con forte competencia, a PTO-SSL cumpre perfectamente este perfil requirido, sempre que mellore as súas competencias en xestión de RPS e IP nas empresas.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno