Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de O rol do equipo de orientación específico nos trastornos da conduta

José Enrique Abalo Quintela

  • A conciencia social sobre os problemas de conduta e a convivencia nos centros educativos aumentou significativamente nos últimos anos. Esta circunstancia provocou que se activasen unha serie de vías formativas, marcos normativos e recursos de apoio aos centros para xestionar adecuadamente esta preocupación. Este artigo analiza un deses recursos de apoio, os equipos de orientación específicos, onde existen profesionais dedicados a colaborar, cos departamentos de orientación dos centros e coa comunidade educativa en xeral, na construción de contornos de ensinanza-aprendizaxe adecuados para posibilitar a aprendizaxe, pois convivencia e aprendizaxe condiciónanse mutuamente.

    Comezaremos explicando o rol que está previsto que desempeñe este servizo, describindo o encaixe do mesmo no modelo de orientación deseñado para a Comunidade Autónoma de Galicia: funcións, liñas previstas de intervención, así como os protocolos xerais a seguir.

    O núcleo principal do artigo expón os principios nos que inciden as intervencións. Destacando a importancia de colaborar coas institucións escolares na creación de culturas inclusivas, actuacións proactivas e metodoloxías colaborativas e cooperativas como vías eficaces para xerar climas escolares onde se favoreza a comunicación, o respecto mutuo, o diálogo e o protagonismo dos distintos actores que interaccionan neses espazos.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus