Santiago de Compostela, España
O artigo analiza os criterios de argumentación xurídica ao dispor do operador xurídico administrativo ante as colisións entre o dereito estatal e o autonómico. En primeiro lugar, analízanse os criterios que permiten entender que só unha das normas é realmente aplicable ao caso e que, en consecuencia, o conflito é meramente aparente. En segundo lugar, analízanse os principios que poden operar para a resolución de conflitos entre normas de distintos ordenamentos: o principio de competencia e o principio de prevalencia. Analízase, en particular, o ámbito de aplicación do principio de prevalencia e a posibilidade de que a Administración poida aplicalo. Igualmente, analízase a nova doutrina do Tribunal Constitucional en relación con este principio.
The article analyzes the criteria of legal argumentation at the disposal of the Administration to solve the collisions between the federal law and the state law in the process of law application. Firstly, we analyze the criteria that allow understanding that only one of the laws is really applicable to the case and that, in consequence, the conflict is merely apparent. Secondly, we analyze the principles that can operate as a conflict-of-laws rule in these cases. In this regard, the principle of competence and the supremacy clause are analyzed. The area of application of the supremacy clause and the possibility that the Administration could apply it is specially examined. Moreover, the new jurisprudence of the Constitutional Court in relation to this principle is also specifically studied.
© 2001-2024 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados