A escritora irlandesa Alice Taylor está a dedicar a súa produción literaria a reproducir o modo de vida das comunidades rurais do oeste de Irlanda, tendo prestado especial atención á contribución das mulleres, ata tal punto que a súa obra pode e debe conside- rarse coma unha testemuña dun modo de vida que está a piques de extinguirse. Taylor ten publicado novelas, poemarios, coleccións de relatos e escritos de corte autobiográfico, xirando todos eles en torno as labores de homes e, sobre todo, de mulleres rurais, e atendendo sempre á relación entre ser humano e natureza que se establece nas comunidades e que retrata con absoluta precisión. O presente traballo reivindica a obra de Alice Taylor, analiza textos representativos dos diferentes xéneros utilizados pola autora (poemas, relatos, novelas e escritos autobiográficos), e tenta buscar unha explicación ao feito de que a crítica literaria ten descoidado o estudo da achega dunha autora que, non obstante, é moi popular entre o público lector. Propoñemos un estudo de textos representativos da súa obra aplicando os conceptos Bergerianos de “autor(a) testemuña” e “memoria histórica”, e amosamos como moitos dos principios reivindicados polo ecofeminismo se reflicten de xeito privilexiado na representación do par muller-natureza na obra de Alice Taylor
The Irish writer Alice Taylor has dedicated her literary oeuvre to represent the rural communities of the West of Ireland, paying particular attention to women’s peasants. Her work can be considered as a well documented record of a way of living in danger of extinction. Taylor has published novels, collections of poems and memoirs, focusing in all of them on the activities of male and female peasants, and emphasizing the close relationship that is established between humans and the environment in the communities that she so minutely describes. It is our intention to vindicate the interest of Alice Taylor’s work, to analyse representative texts by the author (poems, memoirs and novels), and to explain the reasons why criticism has ignored the work of an author who is very popular and widely read. We propose to study Taylor’s works taking into account the concepts of “the author as witness” and “historical memory” that have been applied to the study of the also peasant writer John Berger, and to deploy how ecofeminist principles and attitudes are privileged in the relationship between women and nature that Taylor describes
© 2001-2026 Fundación Dialnet · Todos los derechos reservados