Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Presenza de estereotipos de xénero nunha mostra de estudantes de formación profesional da rama sanitaria

María Josefa Mosteiro García, Ana María Porto Castro, Jesús Miguel Muñoz Cantero

  • Os estereotipos de xénero, crenzas estereotipadas sobre as diferentes características asociadas a homes e mulleres na sociedade, teñen unha gran influencia na conduta. Este traballo, de carácter descritivo e inferencial, ten como obxectivo coñecer se os adolescentes que cursan ciclos formativos da rama sanitaria interiorizaron certos estereotipos de xénero relacionados co traballo e as actividades laborais e comprobar a existencia de diferenzas por sexo. Os resultados obtidos mostran que, a pesar de que o alumnado presenta unha certa sensibilización cara á igualdade, segue asociando determinadas profesións con un ou outro sexo.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus