Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Val dos libros, club de lectura do IES de Ponte Caldelas: percorrendo camiños

Pilar Rubio Sabugueiro

  • No curso 2013/14, o equipo da biblioteca do IES de Ponte Caldelas (Pontevedra) decidiu poñer en marcha a creación dun club de lectura, dando un paso máis na necesidade de fomentar o hábito lector no noso instituto e coa convicción de que esta fórmula que xa tiña éxito en moitos centros escolares proxectaría no alumnado unha nova perspectiva sobre o acto da lectura ao ter un carácter voluntario e contribuír a fomentar a socialización e a pluralidade de opinións. No seguinte artigo intentaremos facer un repaso sobre as circunstancias que motivaron esta iniciativa e unha descrición do seu funcionamento ata o presente.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus