Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Entrevista a Julio Abalde, coordinador dun club de lectura: “Nas propostas lectoras para os clubs teñen que asumirse riscos”

Julio Cesar Abalde García (entrevistado)

  • Os clubs de lectura son unha iniciativa integrada no programa Hora de Ler da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria desde 2007, ano no que se publicaba a primeira convocatoria en apoio do funcionamento de clubs de lectura nos centros de ensino secundario de Galicia. O IES Ribeira do Louro do Porriño participou xa neste curso 2007/08 na proposta que se botaba a andar e á fronte deles estivo sempre o profesor de Lingua Castelá e Literatura, Julio Abalde García, que leva 35 anos “recomendando” lecturas. Moito alumnado pasou por estes clubs de lectura que levan funcionando ininterrumpidamante dez anos. Desde a Asesoría de Bibliotecas Escolares achegámonos a este club, que ben pode representar o traballo feito nos institutos a prol da lectura nestes dez anos que este curso conmemoramos, e ao coordinador deste para que nos fale das posibilidades que teñen os clubs para o fomento da lectura pero sobre todo da súa experiencia como coordinador, como mediador e tamén como lector. Transcribimos, case literalmente, a enriquecedora conversa que mantivemos con Julio e agradecemos o seu traballo infatigable a favor da lectura e esa lista de 150 libros “imprescindibles” que nos brinda.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus