Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Resumen de Ovellas negras da familia: a experiencia dun centro terapéutico de menores

J. Bajo Lema

  • galego

    Entre a poboación de ingreso nun centro terapéutico de menores, unha ampla proporción débese á difícil convivencia familiar, marcada por episodios de conflitividade en aumento con pais ou irmáns, fugas ou agresividade na escola ou con iguais. A intervención psicoterapéutica, que o menor adoita demandar (aínda que dun modo inducido), expón dilemas en canto a ata que punto obstaculiza o traballo a simplificación que se fai dun problema de características sistémicas e interactivas, para centralo en características persoais do menor etiquetado como problemático. Existen voces que valoran o papel do internamento pola posibilidade de ofrecer unha experiencia correctiva para o menor en canto á valoración que se fai del e das súas capacidades. Neste artigo pretendo explicar os puntos máis importantes da intervención e ofrecer unha reflexión crítica sobre algúns aspectos mellorables do sistema de protección.

  • English

    Among the admission population of a adolescent therapeutic center, a large proportion is due to difficult family life consisting of episodes of increasing conflict with parent or siblings, getaways or aggressiveness in the school or with peers. Psychoterapeutic intervention, the adolescent often demands (even though a induced way), presents doubts about how far the work is disturbed by the simplification of a problem of systemic and interactive characteristics to instead focus in personal characteristics of the adolescent labeled as “disruptive”. There are voices who claims for the utility of the internment, because of the chance to offer a corrective experience to the adolescent to review his competence and receive different appreciation from the others. In this article I try to explain the more important focus of the intervention and present a critic reflection about some amendable issues of the child protection system.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus