Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


O maltrato encuberto

  • Autores: Marta González Rodríguez, Adalberto Iglesias Doval, Casilda Oujo Fernández
  • Localización: Psicoloxía clínica: anuario, ISSN-e 1889-1187, Nº. 3, 2009 (Ejemplar dedicado a: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro), págs. 552-557
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      Moitas mulleres acoden ás Unidades de Saúde Mental queixándose de sintomatoloxía de diferente índole: ansiosa (palpitacións, hipervixilancia), depresiva (anhedonia, sentimentos de culpa e inutilidade…), somatizacións (dor de cabeza, alteracións menstruais…), transtornos sexuais (desexo sexual hipoactivo, dispareunia…). Queixas máis ou menos vagas que non relacionan coa situación de maltrato que están vivindo nos seus fogares.

      Neste traballo fixemos unha revisión bibliográfica sobre a importancia da detección e intervención nas situacións de maltrato e abuso que se agochan tras moitos dos síntomas das pacientes que acoden ás nosas consultas. Destacamos a importancia da detección dun maltrato encuberto do que moitas non son conscientes ou agochan por diferentes razóns (vergoña, minimización, medo…). Os profesionais debemos facilitarlles un ambiente seguro no que poidan atreverse a contar a situación que están vivindo e facilitarlles información sobre os recursos que teñen ao seu alcance para poder saír da mesma.

      Falamos tamén das dificultades que nos podemos topar á hora de emprender esta labor, xa que non nos podemos esquecer de que o maltrato é un tema complexo no que non existen respostas e solucións sinxelas.

    • English

      Many women go to the Mental Health Units, complaining about symptoms of different nature: anxious-depressive (anhedonia, guilt and uselessness feelings…), somatization (headache, menstrual alterations…), sexual disorders (hypoactive sexual desire, dyspareunia…). These women are not connecting their vague complaints to the situation of abuse they are suffering in their own homes. In this work we have made a bibliographic revision on the importance to detect and intervene at the situations of domestic violence and abuse, hidden behind many of the symptoms suffered by the women who come to our practice. The significance to detect an undercover abuse, of which many of these women are unconscious or simply hide for different reasons (shy, minimization, fear…).

      Professionals have to create a safety atmosphere in order to allow these women to be brave enough to talk about the situation they are living, and provide them information about the different options available for them to deal with it.We also talk about the difficulties we can find undertaking this work, since we can’t forget abuse is a complex issue, with no easy answers and solutions.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno