Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Influencia da velocidade de procesamento nos procesos mnésicos despois dun dano cerebral

  • Autores: J. Bajo Lema, I. Dopico González, Javier Sardiña Agra
  • Localización: Psicoloxía clínica: anuario, ISSN-e 1889-1187, Nº. 3, 2009 (Ejemplar dedicado a: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro), págs. 344-352
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      As alteracións máis frecuentes despois dun traumatismo craneoencefálico (TCE) son déficits na lembranza de material verbal, diminución da capacidade de memoria de traballo e unha significativa ralentización no procesamento da información. O obxectivo deste estudo é analizar a relación entre estas alteracións así como entre as diferentes probas de memoria entre si e analizar até que punto son independentes. Mostra: Trinta suxeitos adultos con TCE derivados para Avaliación Neuropsicolóxica. Material: Tarefas seleccionadas de memoria verbal e traballo da Escala de Memoria Wechsler (WMS-III) e a proba “Chave de Números” da Escala de Intelixencia Weschler (WAIS-III). Resultados: Existe unha correlación significativa e directa entre case todas as tarefas, correlacionando entre si a memoria de traballo, memoria inmediata e velocidade de procesamento. Unha vez controlada a influencia da variábel velocidade de procesamento, a relación entre os rendementos entre tarefas que implican memoria de traballo amósanse independentes dos rendementos en probas de memoria verbal.

    • English

      The most common impairments after traumatic brain injury (TBI) are verbal memory impairments, working memory diminished ability and significative processing speed slowness. The object of this study is to analize the relationship between this alterations and between the different memory tests and to analize to what extent they are independent. Sample : Thirty adults with TBI Neuropsicological Evaluation. Material: Selected tasks of verbal and working memory of Wechsler Memory Scale(WMS-III) and the task “Digit-Symbol” of Weschler Intelligence Scale (WAIS-III). Resultados: There is a significative direct correlation among almost all the tasks, relating work memory , immediate memory and processing speed . Once controlled the influence of the variable processing speed , the relation between the performance in tasks that imply work memory is independent to the performance of the verbal memory tasks.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno