Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Experiencia na abordaxe grupal do transtorno de personalidade límite baseado na terapia dialéctico-condutual

  • Autores: Eva Lago Blanco, María Acuñas Gelabert, Andrea Vilavedra Vaamonde, Carmen Bermúdez de la Puente Andión, Noelia Martín Sánchez, Olga Ibarra Uría
  • Localización: Psicoloxía clínica: anuario, ISSN-e 1889-1187, Nº. 3, 2009 (Ejemplar dedicado a: A Psicoloxía Clínica para a Galicia do futuro), págs. 232-241
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • galego

      O transtorno de personalidade Límite (TPL) é un patrón de funcionamento desadaptativo xeneralizado, que se define por inestabilidade na afectividade, o comportamento, as cognicións e as relacións interpersoais. Na actualidade, a Terapia Dialéctico-condutual de M.Lineham é a única que se mostrou como probabelmente eficaz para o tratamento destes transtornos.

      OBXECTIVO: describir a nosa experiencia no tratamento do TPL, avaliando os resultados obtidos nunha mostra de 5 pacientes diagnosticadas de TLP. A nosa hipótese inicial é que despois do tratamento, estas pacientes baixan as súas puntuacións en ansiedade, depresión e hostilidade, así como tamén diminuirán as súas visitas a urxencias e ingresos en psiquiatría.

      MÉTODO: As pacientes con diagnóstico de TLP son derivadas ao Hospital de Día de Psiquiatría do H. Son Dureta, desde os distintos dispositivos de saúde mental da illa. Son avaliados inicialmente con fins clínicos e de investigación, e se se confirma o diagnóstico, son incorporados aos grupos de tratamento.

      RESULTADOS: Hai indicios de melloría nas variábeis estipuladas, o que apunta á eficacia e eficiencia deste tipo de grupos de tratamento.

    • English

      Borderline Personality Disorder is a widespread pattern of maladjusted functioning, defined by instability in emotions, behavior, cognitions and interpersonal relationships. Nowadays, the Dialecticbehavioural Therapy of M. Linehan is the only one that has been shown to be probably effective for treating these disorders.

      OBJECTIVE: To describe our experience in the treatment of the Borderline Personality Disorder, evaluating the results obtained in a sample of 5 diagnosed patients. Our initial hypothesis is that after the initial treatment, these patients lower their scores on anxiety, depression and hostility, as well as will diminish their visits to urgencies and income in psychiatry.

      METHOD: Patients with TLP diagnosis are derived to Day Hospital of Psychiatry of the H. Son Dureta, from the different devices from mental health of the island. They are initially evaluated for clinical and research, and if the diagnosis is confirmed, they are incorporated into the treatment groups.

      RESULTS: There are indications of improvement in the variables set, which points at the effectiveness and efficiency of this type of treatment groups.


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno