Ayuda
Ir al contenido

Dialnet


Traballando proxectos de indagación científica con alumnado de baixo rendemento académico: [resumo]

    1. [1] Facultade de Ciencias da Educación de Ourense
  • Localización: Boletín das ciencias, ISSN 0214-7807, Ano 29, Nº. 82, 2016 (Ejemplar dedicado a: Recoge los contenidos presentados a: ENCIGA. Congreso (29. 2016. Negreira)), pág. 91
  • Idioma: gallego
  • Enlaces
  • Resumen
    • A pesar de que os proxectos de indagación no laboratorio supoñen importantes desafíos para o profesorado e os estudantes, poden desempeñar un papel importante para traballar a adquisición de competencias científicas e mellorar as actitudes do alumado cara á ciencia. O obxectivo deste estudo foi coñecer a valoración dos estudantes e seu profesor do deseño e posta en práctica de tres proxectos de indagación científica en pequeno grupo, así como os problemas xurdidos durante a experiencia. O estudo realizouse durante seis meses nunha clase de 9 alumnos do segundo curso de PMAR (Programa para a Mellora da Aprendizaxe e do Rendemento) (3º ESO) no IES Lagoa de Antela (Xinzo, Ourense). Os datos baséanse nas respostas dos alumnos a un cuestionario tipo diferencial semántico e preguntas abertas, e na valoración retrospectiva do profesor ao final do curso elaborada a partir das observacións recollidas durante a experiencia. A presenza de problemas de participación e interese cun alumno, vese reflectida na valoración do profesor e na do grupo en cuestión. O resto de estudantes valoran de forma positiva a realización de proxectos de indagación, sinalando a parte experimental dos proxectos como a máis entretida, aínda que nas súas respostas tamén se indican cuestións problemáticas relacionadas coa redacción da memoria ou a presentación do seu proxecto ante os seus compañeiros. A valoración do docente da experiencia realizada é positiva, sinalando a importancia de aprender ciencia facendo ciencia. Na súa opinión este tipo de traballos normalmente suscitan gran interese por parte dos estudantes, e aínda que poda baixar nalgunha das fases dos proxectos, soen rematar cunha dose elevada de entusiasmo e participación. A experiencia realizada móstranos que, traballos prácticos de certo nivel de esixencia como son os proxectos de indagación, pódense levar a cabo con alumnado de baixo rendemento académico


Fundación Dialnet

Dialnet Plus

  • Más información sobre Dialnet Plus

Opciones de compartir

Opciones de entorno